Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Blog Foto & Vídeo

Filtrar por
RSS
The Falling Man

The Falling Man

Richard Drew atopábase en Nova York o 11 de Setembro de 2001 como fotógrafo de Associated Press, cando repentinamente 2 avións impactaron contra as Torres Xemelgas, Drew mudou os seus plans e aproximouse ao lugar a fotografar o suceso.

De tódalas imaxes que tomou, Drew escolleu The Falling Man; unha foto impactante e desconcertante dun home precipitándose ao vacío e acabando así coa sua vida. A imaxe xerou unha gran controversia nos Estados Unidos pois mostraba o máis crudo do atentado, xeraba un medo baseado nunha turbadora sinrazón que non podían controlar coas suas imaxes de bombeiros e civís traballando patrioticamente en paliar a desfeita.

The Falling Man foi publicada nos primeiros días da catástrofe, pero en seguida a quitaron da circulación dos medios, censurando todas as imaxes que mostraban o horror da traxedia. Drew seguiu defendendo a sua fotografía e nunha entrevista afirmou que non era a morte de un civil, senon parte da sua vida.

A pesares dos intentos gubernamentais de eliminala, The Falling Man forma parte da memoria colectiva do Mundo.

This post is also available in: Spanish

Xosé Rivera (http://www.xoserivera.com)
Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Añade un comentario

Por favor, corrige el formulario

requerido*