Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Archivos por etiqueta: robert capa

Muerte de un Miliciano - Robert Capa 1936

Robert Capa, o Miliciano Español e as 11 fotografías lixeiramente desenfocadas.

Robert Capa, Endre Ernő Friedmann en realidade ( Budapest 22 de Outubro do 1913 ) era un xudeo húngaro que decidiu fuxir do fascismo incipiente a primeiros da décado dos 30 en europa do Este e refuxiarse en París, alí coñeceu a Gerda Taro, Gerta Pohorylle en realidade, e xuntos crearon ao personaxe «Robert Capa» alentados polas poucas esperanzas de vender fotografías sendo unha muller ou un xudeo.

Gerda faleceu en Madrid no 1937, avanzada a Guerra Civil Española, ela estaba a tomar unha fotografía e non percibiu un tanque que daba marcha atrás na voráxine do replege das tropas republicanas en Madrid pola chegada do exercito franquista, e partir de ese momento o pseudónimo Robert Capa asóciase só a Endre.

En España foi onde tomou unha das suas fotografías máis controvertidas e recoñecidas: «Morte de un miliciano» tomado o 5 de setembro de 1936 en Espejo ( Córdoba ). Durante anos cuestionouse a veracidade da imaxe por varios motivos; a día de hoxe parece bastante probable que a imaxe sexa real pois os rexistros atestiguan que o miliciano fotografado, Federico Borrell «Taíno», faleceu ese día en esa localidade; pero tamén se cuestiona se a fotografía é de Endre ou de Gerda. En calquer caso Capa contou que se atopaba nunha trincheira presenciando o asalto dos milicianos a unha ametralladora franquista, e no cuarto destos asaltos alzou o brazo e disparou ao chou a sua Rolleiflex ( non a habitual Leica I ) e captou por fortuna para él e moi mala para o miliciano «Taíno» o intre exacto da sua morte, a imaxe convertiuse no símbolo máis recoñecido da Guerra Civil Española e da Guerra en xeral.

Leer más