Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Archivos por etiqueta: napalm

La Niña del Napalm

A Nena do Napalm

Hai fotografías que cambiaron a historia, esta é unha delas. Thi Kim Phuc tiña só 9 anos cando un avión do exército survietnamita bombardeou o seu pequeno pobo en Trang Bang, preto de Ho Chi Minh ( o entón Saigón ), nun ataque coordinado co mando estadounidense para tentar controlar as estradas de abastecemento entre Camboia e Vietnam.

Segundo os americanos, os seus informes indicaban que non había civís na zona; Pero sí os había, e o napalm arrasou con todo, incluido o 65 % da pel da fráxil e desvalida Phuc, totalmente espida porqué a sua roupa calcinárase coa deflagración mentras corría e gritaba «Moi quente!, Moi quente!» cun rostro aterrorizado e cheo de bágoas.

Foi o 8 de Xuño de 1972 cando o fotógrafo Nic Ut realizou esta toma e retratou de xeito crudo o horror da guerra; a imaxe resultou tan realista e acercábamos tanto a cruel realidade do conflicto que resultou fundamental para o cese do mesmo.