Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Archivos por etiqueta: marc riboud

Marc Riboud Manifestación Vietnam 1975 Jan Rose Kasmir

Moza ofrecendo unha flor aos soldados

Jan Rose Kasmir tiña 17 anos e estudaba secundaria no Instituto de Maryland cando en Outubro de 1967 se enfrentou con unha flor e soa a un batallón de soldados coa baioneta calada, o momento foi fotografado por Marc Riboud e a imaxe converteuse no símbolo de unha xeración de xóvenes antibelicistas que loitaban contra a política exterior dos seus gobernantes con mensaxes de paz e amor como bandeira.

O fotógrafo lembra que cubría a manifestación en fronte ao Pentágono contra a Guerra de Vietnam, secundada por máis de 100.000 persoas e repentinamente viu a aquela moza hippie e desaliñada que se acercaba sen medo ás baionetas dos 2.500 soldados que protexían a sede políticomilitar americana: «Ela falaba cos soldados, intentaba chamar a sua atención, quizais dialogar con eles. Tiven a impresión de que os soldados lle tiñan máis medo a ela que ela as baionetas» Afirmou Marc Riboud.

No 2003, 36 anos despois, Riboud e Kasmir volvéronse a atopar, de esta vez en Londres, nunha manifestación contra a guerra de Irak. Jan Rose, portaba un cartel coa fotografía de Riboud de 1967 e o reporteiro volveuna a retratar:

marc riboud and jan rose kasmir 2003 londres

marc riboud and jan rose kasmir 2003 londres