Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Archivos por etiqueta: Kathrine Switzer

Kathrine Switzer Maratón de Boston

A carreira pola igualdade de Kathrine Switzer

«Ningunha muller pode correr unha maratón» só bastou esa frase de Arnie Briggs, o  seu adestrador, para que Kathrine Switzer tentara correr a Maratón de Boston de 1967, e con iso tirara abaixo fronteiras sociais e prexuizos sexistas.

Arnie era en realidade o carteiro da universidade, pero con 15 maratóns de Boston ás súas costas tiña suficiente experiencia para ser considerado adestrador. Saían todas as noites a correr unhas 10 millas e Arnie sempre contaba as súas películas sobre a maratón ata que unha noite, segundo conta a propia Kathrine en «Marathon Woman» replicoulle:

-Deixemos de falar da maratón de Boston e fagámola!

-Ningunha muller pode correr a maratón de Boston, replicou Arnie

Arnie explotou cando lle dixen que Roberta Gibb a rematara o ano anterior, Pero ningún rexistro o acreditaba, Roberta fixérao sen dorsal.

-Se corres esa distancia nun adestramento, eu serei o primeiro en levarte a Boston.

Sorrín e díxenme a min mesma: Conseguino, teño un adestrador, un compañeiro de adestramento e unha meta:  A carreira máis importante do mundo.

Roberta Gibb entrando en meta sen o dorsal

Roberta Gibb entrando en meta sen o dorsal en 1966

Kathrine estaba habituada a correr distancias medias, pero isto eran 42 quilómetros e só 3 semanas de preparación co apoio de Arnie e o seu noivo Tom Miller. Os 3 eran conscientes de que a carreira de obstáculos xa comezara dende o momento en que decidiron tomar parte, de xeito que empezaron por ler o libro de normas da competición e Bingo! non dicía nada sobre as mulleres; cando o redactaron a ninguén se lle ocorrera tamaña loucura; aínda así decidiron inscribirse como K.V. Switzer.

Leer más