Comezo do Curso de Fotografía no Concello de Ordes
Deu comezo o curso de fotografía para principiantes no Concello de Ordes con máis de 20 alumnos participantes dispostos a aprender tódolos segredos da arte fotográfica: A Cámara Oscura, O triángulo da exposición, o enfoque, a distancia focal, a composición fotográfica…
O curso iniciouse con unha presentación da materia do curso e unha demostración de como funciona o proceso da cámara oscura utilizando unha cámara estenopeica e un revelado fotográfico na propia clase:
Cómo realizar fotografías Panográficas
As panografías ou fotografías panográficas son imaxes compostas de moitas fotografías a xeito de pezas de puzzle que non sempre teñen porque encaixar perfectamente, deste xeito o efecto resulta máis chamativo, porque cada fotograma representa unha toma particular en un momento diferente.
Como crear un Time Lapse con efecto Tilt Shift
Vamos a aprender a crear unha serie de imaxes co efecto Tilt Shift utilizando únicamente o Photoshop ( prescindindo de obxectivos descentrables ) e a continuación vámolas a montar unha tras outra para conseguir un vídeo tilt shift.