Efecto Jumpology: Dyara Atomicus
Hoxe en día está moi de moda o chamativo efecto antigravidade de saír saltando nas fotografías, coñecido como Jumpology. Capturar o intre onde o suxeto non está en contacto co chan sempre crea unha imaxe sorprendente para o noso entendemento do mundo, ademais a menos premeditada expresión facial faina máis natural e xenuína.
A primeira gran fotografía con esta técnica data de 1948, xurdíu nas cabezas de dous xeniais loucos; Salvador Dalí e Philippe Halsman para crear o «Dalí Atomicus«. A idea parte do cadro de Dalí «Leda Atómica» ( cadro presente na fotografía, á dereita, e que curiosamente data de 1949 ) e explota o concepto de suspensión, como estado atómico, con unha estética totalmente surrealista.