Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Reflexións

Obra de Arte

Unha Obra de Arte só ten unha condición,
débese adicar á beleza, non ao artista.


Xenios

Antes ou despois,
tódolos xenios nos volvemos ególatras.


Xuventude

Durante a xuventude,
a seguridade é un gran defecto.


Legado

Cando un morre,
O que posue desaparece;
O que crea é eterno.


Adaptación

Adaptarse ás posibilidades mata posibilidades; e a un mesmo.


Fillos

Cando un ten fillos, ten a obriga moral de ser feliz.


Vitalidade

Desexar é mellor que ter.


Creación

A obra de arte non existe, só existe a creación.

A obra é un cadáver.


Arte

A arte é como a muller; amámola sen entendela.


O Porqué

Non hai nada peor que unha persoa estudada e sen valores: conhecen as maneiras pero non conhecen os porqués.


Bo Gusto

Que eu non teña bo gusto para as mulleres non significa que elas non o teñan para os homes.


Actos vitais

Ben pensado, a vida é unha rareza; a maioría das persoas están mortas, só quedan os seus actos.


Tolo VS Xenio

O tolo é o que fala de loucuras; o xenio é o que as fai.


Peor > Malo

O que fuxe do peor;

soe conformarse co malo.


Valentía

A valentía non consiste en non ter medo;

senón en telo

e aínda así facer o que un considera correcto.


Xuízo Universal

Aos nenos non os culpamos porque non teñen vontade nos seus erros.

Aos anciáns perdonámolos porque xa olvidaron as motivacións dos seus.
O único Xuízo Universal é a ideade adulta e o estado emocional é a súa sentencia.

Inconsciencia Vs Conformismo

Un só ten medo a fracasar cando cre que ainda non o fixo;

A inconsciencia é a aliada do conformismo…


Cultura

Odio a cultura!
Cada vez que me achego a ela,
descúbrome máis lonxe do que antes creía estar.


Decisións Vitais

De cando en vez, un pensa como sería a súa vida se tomara outras decisións sen caer na consciencia de que xa non sería a súa vida…


Amor vs Desexo

O que máis queres nunca é o que máis desexas.


Fracaso vs Victoria

Sempre fracasei por non saber adaptarme, esa é a miña gran victoria.


Egocentrismo

Un egocéntrico non debería ter fillos, é moi frustrante descubrir que o centro da vida de un non é un mesmo.


Fases Vitais

A vida de unha persoa íntegra está composta por 4 fases: Nacer; Formarse; Devolvelo a Sociedade; E se todo isto se fixo axeitadamente: Ser Inmortal.


Insatisfacción

A insatisfacción e a única forma de pensamento.


Medo

O medo é un sentimento xoven, vinculado a inxenuidade; o ancián non ten medo, só nostalxia do que amou ou apego ao que ama.


Vida

A vida é a domesticación da alma: Nacemos libres, salvaxes pero pouco a pouco a persistencia da controversia fainos desfalecer ata morrer mansos e resignados. Só hai dous momentos de gracia: A pureza do bebé e a revolución da adolescencia.


Filosofía

Ter unha filosofía de vida significa: Intentar rememorar o vivido no canto de vivir.


Maldade

Aspiraba a ser o malo malirmo…. pero ata para iso son malo.


Masas

Necitamos… un líder, unha filosofía, algo ou alguén que nos indique o camiño e nos libre das nosas responsabilidades
así de sinxela é a vida dos cobardes, dos relixiosos, dos seguidores de políticos, futbolistas, grupos musicáis, das leedoras de revistas de corazón… estar loco require moitos sacrificios.


Pasado

Amo o meu pasado, é o único que teño;o meu futuro e o único que me falta…


Razón

O tempo sempre lle da a razón as persoas que a teñen, porque  senón non se chamaría tempo, senón contratempo.


Amor

Enamoreime demasiadas veces como para crer no amor.


 

This post is also available in: English, Spanish