Vida
O obxectivo desta obra é o de retratar dunha maneira cercana e respetuosa as vidas e as costumes
dos anciáns que forman e compoñen a nosa cultura para que non se esvaezan ca erosión do olvido
e exprimir os momentos codiáns de unha cultura en extinción; a cultura das nosas tradicións labregas,
pesqueiras, gandeiras e de estilo de vida reflexadas nos rostros cheos de experiencia e vida dos
nosos maiores.
Para acadar este fin percorreremos os recunchos de Galicia na procura desas persoas e momentos;
mediante a convivencia e a experiencia propia de anos facendo este traballo lograremos un arquivo
fotográfico-artístico das vidas que nos trouxeron a nosa vida actual, do modo de vida dos nosos
maiores e deles mesmos.
O proxecto esta inspirado nas obras de grandes fotógrafos nacionais como José Caruncho, Virxilio
Vieitez, Carlos Valcárcel, Raniero Fdez., Pedro Ferrer, o catalán Pelai Mas, o Arxentino Humberto
Rivas, a americana Ruth Matilda Anderson que retrataron a alma de Galicia dende o comezo da arte
fotográfica e de outros precursores internacionais como Paul Strand, Diane Arbus, Cartier-Bresson
etc que conseguiron ca fotografía social mostrar cun rostro o sentir e a vida de un pobo e dun
momento, pois non hai nada máis expresivo para unha persoa que o rostro e a mirada de outra.
VER A MEMORIA DO PROXECTO VIDA
Espidos
O obxectivo do proxecto é o de crear unha colección de fotografías de espidos en situacións cotiáns, de relacións sociais e actividades individuais que sorprendan ao observador coa nova visión dunha realidade oculta; así mesmo desgastar o tabú do medo ao noso propio corpo.
O tratamento do tema será dignificante para as personaxes e buscaremos a beleza na naturalidade.
Usarase unha estética pop en situacións contemporáneas, ficcións con actores e tódalas tipoloxías fisiolóxicas para acercarnos á realidade actual.
Se queres participar no proxecto simplemente escríbeme un email:eu@xoserivera.com