A primeira Fotografía de retrato
Conrad Heyer ou John Adams
Sí, existe unha disputa intelectual sobre quen foi a primeira persoa fotografada.
Segundo a Maine Historical Society foi Conrad Heyer, un veterán da Guerra de Secesión Americana nado en 1749 e que foi retratado en 1852, sí con 103 anos!:
Por outra parte a Susquehanna County Historical Society posue unha copia de un zapateiro chamado John Adams nado en 1745 e que ainda que non dispoñen do orixinal, aseguran que a fotografía foi tomada entre 1839 e 1849. Ambas fotografías tomáronse coa técnica do Daguerrotipo, Louis Daguerre foi socio de Niepce ata a morte de este, e despois continuo durante anos, sen coñecementos técnicos, facendo proba-erro ata que atopou un sistema propio en 1839. En ese mismo ano, entusiasmado polo seu logro, adicouse a tirar fotografías cal neno con cámara nova, con exposicións de 10 minutos, e entre elas está a fotografía «Boulevard du Temple, Paris» na cal podemos ver a unha persoa! Paciente, por suposto.En realidade ese bulevar seguro que estaba ateigado de xente, pero o único que permaneceu estático durante eses dez minutos de exposición da fotografía foi o señor ao que lle estaban a limpar os zapatos, o certo é que resulta xenialmente paradóxico pasar a historia por Non facer nada ;)
This post is also available in: Spanish