Kong Nyong e o voitre
A imaxe da polémica, a imaxe que fixo discutir ao mundo sobre si Kevin Carter era un desalmado, a discusión que fixo darse conta ao mundo de que era un desalmado.
Ata esta fotografía a crise de refuxiados de Sudán, provocada por un golpe de estado, pasara desapercibida nos medios occidentais e as axudas eran moi cativas, Kevin Carter viu o famélico neno mentras un voitre o asexaba, incluso esperou a que o voitre abrira as as para que a imaxe e o asedio resultase máis espectacular, pero non sucedeu.
A imaxe definitiva crucificou a Carter, gañou o Pulitzer, e todos os medios se cebaron sobre a actitude de Carter, sobre a sua motivación, deixou ao neno desprotexido a mercede do voitre por unha fotografía mellor ou por chegar a unha sociedade anestesiada co consumismo, o fútbol e a silicona.
O certo é que o voitre non esperaba a morte do neno, senón as suas heces, por ese motivo se alonxara da tribu; como se pode ver na sua man dereita Kong leva unha pulseira de plástico da estación de comida da ONU. Outros fotógrafos que estaban no campo de refuxiados tomaron a mesma fotografía, pero a publicada foi a de Carter. A sua mente perturbada polas suas adicións non resistiu a presión e un ano despois de realizar esta fotografía tapou o tubo de escape do seu coche, acendeuno e deixou esta nota no asento do copiloto:
«Estou deprimido […] sen teléfono […] cartos para o aluguer […] cartos para o mantemento dos fillos […] cartos para as débedas […] ¡¡¡cartos!!! […] Estou atormentado polos recordos vívidos dos asasinatos e os cadáveres e a ira e a dor […] do morrer de fame ou os nenos feridos, dos loucos do gatillo fácil, a miudo da policía, dos asasinos verdugos […] Fun a unirme con Ken, se teño sorte.»
This post is also available in: Spanish