Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Blog Foto & Vídeo

Filtrar por
RSS

Fotografía de longas exposicións de noite

Unha fotografía captura un INTRE, o tempo que dura ese intre ven definido na configuración da nosa cámara, nós mesmos o podemos cambiar e facer que o intre dure dende unha milésima de segundo, a varios segundos ou incluso minutos. En estos últimos casos dise que a fotografía tivo unha longa exposición ou que a velocidade de obturación foi de X tempo ).

En situacións con pouca luz resulta sinxelo configurar unha cámara para realizar fotografías con exposicións longas, e que a  fotografía saia «BEN EXPOSTA» ( nin moi clara, nin moi oscura ), quizáis a noite sexa a situación idónea para traballar con tempos de exposición moi longos pola ausencia da luz do Sol que o inunda todo.

Para comezar temos que ter claro, que durante a realización de este tipo de fotografía, a cámara está gravando ese fotográma continuamente, de xeito que se a cámara se move quedará todo o plano movido ( na porcentaxe de tempo que lle corresponda ); se un obxecto ou suxeto se move dentro do plano, aparecerá en menor ou maior porcentaxe en función do tempo que se mantivo estático.

Que vamos a necesitar para realizar longas exposicións de noite!?

  • Unha cámara fotográfica reflex ( o idóneo e colocarlle un gran angular ).
  • Un trípode.
  • Un disparador ( mellor inalámbrico ).
  • Unha linterna ( unha con luz cálida e outra con luz fría se queremos ser exquisitos ).
  • Paciencia

Unha vez xuntado todo isto e bebido un bo café ( licor café se non conducimos ) abrigámosnos e saímos a buscar a nosa fotografía! Sobre o tema da noite hai un mundo de variables e detalles que só  os Gurús noctánbulos como o meu mentor David Pardo dominan. En esencia: é mellor saír con lúa nova ou con pouca lúa para non ter a contaminación lumínica do luar, non achegarnos as luminosas cidades nin fartos de viño e se queremos fotografar a vía láctea debemos facelo polo verán, pois so se verá con claridade na estación estival; Google ten unha aplicación xenial para ver e atopar as constelacións Google Sky Maps.

Ben, escollemos o noso motivo, montamos a cámara no trípode, encadramos o noso plano e só nos queda establecer a Exposición, Número F e Sensibilidade. Sabemos que estos tres factores son correlativos entre si. Un truco para comezar, se non temos a voz da experiencia na nosa cabeza, é colocar a cámara en automático sen flash, probar con un amago de disparo, e copiar as medicións que nos din os inxenieiros de Canon ou Nikon dende Tokio, a partir de aquí podemos xogar coas 3 variables aumentando se queremos o tempo de exposición a través da reducción da sensibilidade ou do aumento do número F.

Debemos ter en conta que para cada efecto, cada movemento é axeitado un tempo de exposición, o rastro das luces dun coche poderémolas lograr con 10 segundos, para ver o movemento das estrelas precisaremos minutos.

Un dos grandes potenciais da fotografía con longas exposicións de noite e o Light Painting, sí! nós podemos pintar e debuxar no fotograma, realmente podemos debuxar e compoñer o cadro. E para iso están as linternas que puxen na lista da compra ( outra, e non menos importante, aplicación das linternas e usalas para non ostiarnos ao camiñar por paraxes escuros de noite… ). Se temos un motivo que queremos resaltar ou aplicarlle unha luz maior, diferente, con outra temperatura de cor, só debemos coller unha linterna modulable e pouco a pouco con movementos continuos podemos crear unha nova iluminación para el, mentres se expón a fotografía. Para darlle máis profundidade e naturalidade a esta técnica, é importante iluminar este obxecto ou suxeto ( estático ) dende unha posición diferente á da cámara para non ter unha fotografía plana, por iso é importante un disparador inalámbrico de xeito que non parezamos neuróticos histéricos correndo dun lado a outro no medio da noite…

Para paisaxe, na maioría dos casos podemos traballar con enfoque a infinito a non ser que teñamos un motivo moi cercano que queremos destacar.

Finalmente, é moi aconsellable activar no menú da nosa cámara a opción Redución de ruído en longas exposicións ( buscade en google polo voso modelo de cámara e eses termos ). De este xeito a cámara fará un procesado da imaxe, co mesmo tempo de duración que a propia fotografía, para reducir o ruído propio de unha fotografía nocturna con unha moi lenta velocidade de obturación.

TRUCOS

Se queremos facer o superusado efecto, en publicidade, de escribir textos de cores coa luz é moi sinxelo: Só debemos tapar a linterna con un dedo, de xeito que non saia de ela ningún raio de luz e a punta do noso dedo se vexa como se fose un diodo LED, a continuación só hai que mover a linterna co dedo diante da cámara durante a realización da exposición. Hai linternas con moitas cores de luz por uns 10 $ en eBay e tamén nas tendas de iluminación locais.

Para o efecto de chispas con rastro de luz usase a LANA DE ACEIRO, que podes mercar en calquer ferretería por 1 €. Debemos aillar unha pequena bola de ese material ( cal bola de golf ;) ) atala a unha corda non inflamable ( malla de metal, cadea ) de 1 metro ou metro e medio, prenderlle lume e darlle voltas cal hippie en Ortigueira. Todo esto durante a exposición e con moito coidado de NON PRENDER LUME A NADA, pois SÍ é moi inflamable e ademais cando che cae unha esquirla na pel queima!

Lana de acero

Lana de aceiro

O procesado da fotografía nocturna pode ser moi persoal, pero hai unhas cantas cousas que merecen ser descritas nun artigo a parte, pois o contido ten a suficiente importancia e personalidade como para individualizalo. De momento ide pensando en como xustificar chegar a tales horas de volta á casa…

Grazas Sharko-José :)

 

 

This post is also available in: Spanish

Xosé Rivera (http://www.xoserivera.com)
Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.