A Nena do Napalm
Hai fotografías que cambiaron a historia, esta é unha delas. Thi Kim Phuc tiña só 9 anos cando un avión do exército survietnamita bombardeou o seu pequeno pobo en Trang Bang, preto de Ho Chi Minh ( o entón Saigón ), nun ataque coordinado co mando estadounidense para tentar controlar as estradas de abastecemento entre Camboia e Vietnam.
Segundo os americanos, os seus informes indicaban que non había civís na zona; Pero sí os había, e o napalm arrasou con todo, incluido o 65 % da pel da fráxil e desvalida Phuc, totalmente espida porqué a sua roupa calcinárase coa deflagración mentras corría e gritaba «Moi quente!, Moi quente!» cun rostro aterrorizado e cheo de bágoas.
Foi o 8 de Xuño de 1972 cando o fotógrafo Nic Ut realizou esta toma e retratou de xeito crudo o horror da guerra; a imaxe resultou tan realista e acercábamos tanto a cruel realidade do conflicto que resultou fundamental para o cese do mesmo.
This post is also available in: Spanish