Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Blog Foto & Vídeo

Filtrar por
RSS
CARTEL PUCHI

Eu Merco en Ordes

A campaña de comercio local «Eu Merco en Ordes» foi ideada para facer fincapé na idea sinxela e directa de que Ordes somos todos os que formamos parte da Comarca ou simplemente da vida diaria ou eventual do pobo ordense, independentemente da idade, do sexo, condicións ou incluso especie ;). Por iso os protagonistas son a xente da Comarca e do Concello de Ordes, os encargados de transmitir esa mensaxe, unha mirada e unha expresión e a mellor maneira de comunicar para un ser humano.

Só está aderezado con un pequeno efecto de Morphing, que mestura as caras creando transicións entre as faces para afondar na idea que son poucos os rasgos que nos separan e que somos unha comunidade, unha comunidade que se enriquece ou empobrece en global, como un único ser. Nalgún sitio lin que o primeiro vídeo que utilizou esta técnica foi o VideoClip «White or Black» ( 5’28» ) de Michael Jackson, ainda que supoño que será outro Edison con outro Tesla:

Para crear este efecto utilicei a apliación Sqirlz Morph; moi sinxela de usar: Só debemos abrir duas fotografías co mesmo tamaño, procurando que ambas caras estén na mesma posición do plano. A continuación definimos na primeira os puntos claves nos que se van a crear as transicións e aplicamos o efecto. O programa é moi versátil xa que nos permite definir os fotogramas por segundo do vídeo creado, e tamén o número de fotogramas que vai a durar a transición:

 

Puchi Junior Estudo DobleClic Eu Merco en Ordes

Puchi Junior Estudo DobleClic Eu Merco en Ordes

Lito Puchi Morphing Sqirlz

Lito Puchi Morphing Sqirlz

Contrato Puchi Junior

Contrato Puchi Junior

Vídeo Eu Merco en Ordes:

Eu Merco en Ordes from Xose Rivera on Vimeo.

Campaña de comercio local para o Concello de Ordes: Eu Merco en Ordes

SPOTS Eu Merco en Ordes:

 

Eu Merco en Ordes, Anuncio TVG Versión 1 from Xose Rivera on Vimeo.

Spot Publicitario da Campaña de Comercio Local «Eu Merco en Ordes» para a Televisión de Galicia

Eu Merco en Ordes, Anuncio TVG Versión 2 from Xose Rivera on Vimeo.

Spot Publicitario da Campaña de Comercio Local «Eu Merco en Ordes» para a Televisión de Galicia

This post is also available in: Spanish

Xosé Rivera (http://www.xoserivera.com)
Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Añade un comentario

Por favor, corrige el formulario

requerido*