Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Blog Foto & Vídeo

Filtrar por
RSS
Como crear una panografía

Cómo realizar fotografías Panográficas

As panografías ou fotografías panográficas son imaxes compostas de moitas fotografías a xeito de pezas de puzzle que non sempre teñen porque encaixar perfectamente, deste xeito o efecto resulta máis chamativo, porque cada fotograma representa unha toma particular en un momento diferente.

Ben, para realizar unha panografía sinxelamente debemos buscar un motivo; as paisaxes ou motivos grandes son máis axeitados, e realizar un lote de fotografías no que o descompoñemos, variando ángulos nas tomas para que o resultado non sexa unha cadrícula perfecta; pero mantendo a posición da cámara, a ser posible cun trípode con rótula, no cal só se mova a rótula, para de este xeito non deformar demasiado as liñas e que a imaxe final se poida contruir de un xeito o máis fiable posible.

O recomendable para descompoñer unha paisaxe ou un motivo grande en moitas fotografías e non utilizar un gran angular, evidentemente só nos daría para 2 ou tres fotografías, unha distancia focal media de entre 35 e 80 mm é o máis axeitado. A máis distancia focal, obteremos maior número de fotografías: máis pezas do noso puzzle.

Tamén podemos variar a distancia focal, na serie de fotografías o cal nos dará un efecto máis chamativo ainda, tendo fotogramas grandes e fotogramas pequenos na nosa panografía, o cal nos enrredará un pouco máis na postprodución con Photoshop.

Para que todo o plano final e cada un dos fotogramas esté enfocado vamos a traballar con diafragmas cerrados, a partir de F11, de xeito que teñamos unha gran profundidade de campo.

Unha vez que volcamos as fotografías ao noso PC e as tratamos EN LOTE, para manter os tonos, luces e cores homoxéneos en toda a serie, debemos reducir o tamaño das fotografías para poder manexalas en conxunto nun novo lenzo sen que nos revente o Photoshop debido ao excesivo peso do arquivo final.

Fotografías para crear unha Panografía

Fotografías para crear unha Panografía

No meu caso, realicei unha acción cos arquivos RAW orixinais e creei uns arquivos .jpg de 1.000 píxeles de ancho.

A continuación creei un lenzo de 10.000 x 5.000 píxeles para que os meus 40 fotogramas camparan libres como o vento por el, importeinos e….. a colocar!

Finalmente podemos variar a opacidade de cada fotograma para acentuar o xogo visual.

O resultado que axunto é a composición que realizou o meu alumno de fotografía Aarón Vilariño de 12 anos:

 

Fotografía Panográfica Aarón Vilariño

Fotografía Panográfica Aarón Vilariño

This post is also available in: Spanish

Xosé Rivera (http://www.xoserivera.com)
Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

1 comentarios

Moi chula a panografia do final jejeje

Añade un comentario

Por favor, corrige el formulario

requerido*