Un dos primeiros Photoshop da Historia: Bandeira da URSS sobre o Reichstag
Manipulacións Fotográficas Históricas
En moitas ocasións a fotografía utilizouse para xustificar accións políticas, rememoralas e reescribir a historia, como sempre: coa versións dos vencedores.
Dous dos exemplos máis icónicos son a toma do Reichstag polos soldados soviéticos e o izado da bandeira americana sobre o monte Suribachi en Iwo jima.
Un dos primeiros Photoshop da Historia: Bandeira da URSS sobre o Reichstag
Varios días despois da caída de Berlín na Segunda Guerra Mundial, o fotógrafo Yevgueni Chaldej, que traballaba para a Axencia de Prensa Soviética TASS, fixo confeccionar unha gran bandeira coa oz e o martelo e a continuación subir a dous soldados soviéticos ao máis alto das ruínas do Reichstag ( o parlamento alemán ) co fin de crear unha imaxe icónica da victoria dos sovietos sobre os alemáns e de paso deixar claro quen foi o primeiro en chegar, liberar Berlín e acabar cos Nazis.O feito de subir tan arriba para realizar a fotografía, fixo necesario que un segundo soldado suxeitara ao portador da bandeira. E é aquí onde Chaldej tivo que por en funcionamento as suas dotes de manipulador, pois na fotografía orixinal pódese observar como o soldado de apoio porta dous reloxos; resulta máis probable que o home os roubase como botín dos vencedores que que estivese interesado na hora de berlín e siberia ao mesmo tempo. Este sutil matiz da imaxe tiña pouco carácter heróico e Chaldej decidiu borrar un dos reloxos e xa de paso engadir un pouco de fume para darlle máis dramatismo á imaxe, xa que os combates xa cesaran.
A maniobra propagandística estaba máis orientada a arengar aos propios rusos xa que a Nai Patria foi a nación con máis baixas da guerra, con uns escalofriantes 20 millóns de mortos. Os supervivintes podían aferrarse a unha imaxe para darlle senso a tanta dor e tantas mortes.
This post is also available in: Spanish