Cómo crear clons en unha fotografía con Photoshop
Crear unha fotografía con clons é moi divertido, visualmente sorprendente, e tamén pode ser un recurso expresivo como mostrar a hiperactividade de Dyara.
Realmente para crear unha fotografía onde figuren moitos clons da mesma persoa só necesitamos ter en conta duas cousas: Que a posición da cámara e o encuadre estén estáticos, e que a luz non varíe demasiado.
Para o primeiro, coloquemos a cámara no trípode, e senon temos un pois botámoslle imaxinación e colocamola en un soporte que a manteña estática ( unha mesa ). A continuación encadramos dende o visor e xa podemos comezar a tirar a serie de fotografías que compoñerán a nosa imaxe con clons.
Se dispoñemos de un disparador, remoto ou de cable, axudaranos a cámara non se mova en absoluto, de xeito que o encadre non varíe e a montaxe da serie sexa moi sinxela.
Respeto á luz, non debe variar demasiado pois non quedaría natural se na mesma escena aparecen varios personaxes iluminados con posicións, tonos ou intensidades diferentes. Por iso procuremos non cambiar focos se estamos en interiores, e non esperar demasiado tempo entre foto e foto se estamos en exteriores. Evidentemente tampouco debemos variar os parámetros da cámara, polo cal e mellor disparar en manual e mantelos dende o principio.
TOMEMOS AS NOSAS FOTOGRAFÍAS!
Fagamos que o suxeito fotografado realice diferentes accións dentro do plano, só procurando que non se superpoña, é decir: que quede espazo físico entre cada unha das suas poses, para que a montaxe final sexa sinxela.
En esta parte é onde está a capacidade creativa e de loucura de cada un, podemos crear o que a nosa imaxinación nos suxira.
Finalmente só nos queda importar as fotografías ao Photoshop, ou editor de imaxes similar, e colocar todas as imaxes no mesmo lenzo e en diferentes capas. Como o fondo será igual para todas, só debemos descubrir as personaxes ocultas baixo as capas borrando o contido das capas superiores. Para isto podemos utilizar a ferramenta que máis axeitada creamos nós: Goma de borrar, seleccionar e suprimir, pincel histórico,…
Aquí están algúns dos resultados dos meus alumnos Lidia Mallou e Pedro Goyos para este exercicio:
This post is also available in: Spanish