Catoira de Noite
Fotografía nocturna dos Barcos Vikingos e as Torres de Catoira; concello de Pontevedra da Comarca de Caldas onde se celebra o «desembarco vikingo», que presencian millares de persoas dende as Torres e dende a ponte sobre a ría, que une as provincias de A Coruña e Pontevedra.
Segundo as crónicas, “sobre as doce do mediodía fai a súa aparición, pola ría de Arousa, o ‘drakkar’ vikingo, un improvisado pesqueiro hábilmente disfrazado con bandeiras, escudos, teas, armas de combate e, por suposto, unha terrorífica cabeza de dragón na proa. Na cuberta da embarcación, os ‘vikingos’ danzan entre cantos e berros, preparándose para o asalto á fortaleza: lanzas de madeira, cascos con grandes cornos, barbas e peles cubrindo o torso semiespido. A os ollos dos asistentes ben podría tratarse de unha expedición do lexendario Eric o Vermello, recén chegado de Normandía para traficar con peles de focas, dentes de morsa ou escravos”. De calquera xeito, do que tratan os festeiros e os vikingos é de dar conta dos centos de litros de viño e kilos de mexilóns que se regalan ou venden nos postos instalados ao efecto, xunto con sardiñas, polvo e empanadas.
This post is also available in: Spanish