Confusión
As certezas acostuman a estar máis sostidas polos nosos sentidos que pola nosa razón… a confusión prodúcese cando se cuestionan os sentidos.
Deseñar un Logotipo
Deseñar un logotipo é un proceso apaixoante: Consiste en buscar a esencia das cousas, en buscar a idea elemental que defina a unha tarefa, persoa, organización… e plasmala gráficamente da maneira máis bela.
Fábrica de Curtidos de Ponte Pedriña de Arriba
Historia:
Finca do Espiño
Fotografías nocturnas da Finca do Espiño en Santiago de Compostela. Outro de tantos proxectos que se reviviu cun electrochoque para manter nun coma inducido con unha restauración perpetua e indefinida.
A Lanzada
A Lanzada é unha das praias galegas máis coñecidas, situada entre Sanxenxo e O Grove posue máis de 2 kilómetros de lonxitude dominada paradoxicamente por unha romántica soidade nocturna…
Catoira de Noite
Fotografía nocturna dos Barcos Vikingos e as Torres de Catoira; concello de Pontevedra da Comarca de Caldas onde se celebra o «desembarco vikingo», que presencian millares de persoas dende as Torres e dende a ponte sobre a ría, que une as provincias de A Coruña e Pontevedra. Leer más
Fotografía nocturna na Cidade da Cultura
Serie de fotografía nocturna na Cidade da Cultura con David Pardo na madrugada do Xoves 24 de Maio.
Espero que as imaxes quedaran impregnadas e transmitan a atmósfera da mística e intemporal conversa entre as formas e o universo, un momento belo….
Anos 0
Todos identificamos a moda, a música, os momentos políticos, e as drogas das décadas dos 20, os 30, os 40, 50, 60…. pero existe unha idea común do significado da década de 1900 a 1910? No meu entorno e nos medios de comunicación non os vexo; ¿Pode ser entón que debido a que ninguén saiba como definir, condensar e nomear a esta década en unha palabra, en un conxunto, non se teña unha idea concreta, certeira e definida dela?
Resulta moi curioso este feito, pois analizando a década aconteceron cousas quizáis máis importantes que nas posteriores en todos os campos que antes mencionei: Naceron os momeventos vangardistas na arte, os Ismos; Henry Ford inventou a fabricación en cadea, produciuse a primeira Revolución Rusa, reinou eu Europa un clima convulso de loita de poderes que desencadenou nas duas Guerras Mundiais; ata naceron os Comics e as Harleys Davidson que dominan a estética e as pasións actuais!
Pero ninguén sabe como chamarlle! Anos 0? Anos 00? Un cura pensaría na infancia de Jesucristo, un historiador en calquera momento postrevolucionario… que pasaría se se xuntaran un cura, un historiador e un homosexual para falar dos «Anos 0»? Difícil solución ten este dilema…. ainda que supoño que o teremos que volver a plantexar agora que xa volveu a cerrarse outra década dos anos 0, virán outros anos 10 e 20 e os anterioes irán perdendo o nome; o que sempre conservarán será o que nos aportaron á sociedade, á cultura, á ciencia, aínda que non saibamos como chamarlle….
The Falling Man
Richard Drew atopábase en Nova York o 11 de Setembro de 2001 como fotógrafo de Associated Press, cando repentinamente 2 avións impactaron contra as Torres Xemelgas, Drew mudou os seus plans e aproximouse ao lugar a fotografar o suceso.
De tódalas imaxes que tomou, Drew escolleu The Falling Man; unha foto impactante e desconcertante dun home precipitándose ao vacío e acabando así coa sua vida. A imaxe xerou unha gran controversia nos Estados Unidos pois mostraba o máis crudo do atentado, xeraba un medo baseado nunha turbadora sinrazón que non podían controlar coas suas imaxes de bombeiros e civís traballando patrioticamente en paliar a desfeita.