Presentación da Exposición «Historia da Fotografía».
Fotografías Históricas
A importancia da fotografía na historia recente estriba en que nos achegou a outras realidades, outras perspectivas, dotounos de maior obxectividade e informounos de situacións que sen ela descoñeceríamos co cal nos dou unha maior sensibilidade; e ainda que en ocasións foi utilizada para contarnos mentiras convertiuse nunha ferramenta fundamental do periodismo, da arte, da narrativa, da documentación e da vida diaria.
Non merques, Adopta
A Casa Grande de Xanceda demostrando que existe un xeito sano e positivo de facer publicidade.
Fotografías para a campaña: «Non merques, adopta» promovidas polos iogures da Casa Grande de Xanceda a traves da promoción no deseño do seu packaging.
Ricoh Theta M15
Luis Míguez Reloxeiros fotografado en 360º con unha Ricoh Theta M15
Luis Míguez Reloxeiros #theta360 – Spherical Image – RICOH THETA
Presentación da Exposición FotoImpresionismo en Ordes por Vincent Van Gogh
Ordes 15 abril 2016. O fotógrafo e artista visual Xosé Rivera inaugurou a súa mostra ‘Fotoimpresionismo’ arroupado por un bo número de público. Rivera, caracterizado como Vicent van Gogh, convertiu este acto nunha auténtica performance na que fixo unha disertación sobre a corrente artística impresionista e as técnicas fotográficas empregadas para acadar o resultado que dende onte colga das paredes do Museo do Traxe.
Comezo do Curso de Fotografía no Concello de Ordes
Deu comezo o curso de fotografía para principiantes no Concello de Ordes con máis de 20 alumnos participantes dispostos a aprender tódolos segredos da arte fotográfica: A Cámara Oscura, O triángulo da exposición, o enfoque, a distancia focal, a composición fotográfica…
O curso iniciouse con unha presentación da materia do curso e unha demostración de como funciona o proceso da cámara oscura utilizando unha cámara estenopeica e un revelado fotográfico na propia clase:
Xosé Rivera 2015
Os fotógrafos, videógrafos e ghilipollas en xeral somos uns pedantes mentiráns vanagloriándonos de crear imaxes belas cando o único que facemos é capturalas con un disparo acoirazados tras un ferro frío.
En realidade a beleza xa estaba aí, a beleza sempre está aí, só hai que ver.
Os meus reféns do 2015: