Cómo realizar fotografías Panográficas
As panografías ou fotografías panográficas son imaxes compostas de moitas fotografías a xeito de pezas de puzzle que non sempre teñen porque encaixar perfectamente, deste xeito o efecto resulta máis chamativo, porque cada fotograma representa unha toma particular en un momento diferente.
Como crear un Time Lapse con efecto Tilt Shift
Vamos a aprender a crear unha serie de imaxes co efecto Tilt Shift utilizando únicamente o Photoshop ( prescindindo de obxectivos descentrables ) e a continuación vámolas a montar unha tras outra para conseguir un vídeo tilt shift.
Crear Panorámicas Polares
Crear unha panorámica polar é moito máis sinxelo do que parece, e o efecto logrado, se lle engadimos unha dose de orixinalidade, ten un potencial visual sorprendente.
Simplemente vamos a precisar unha cámara con trípode e o Photoshop:
Time Lapse Celtia
Máis de 12.000 fotografías percorrendo os camiños de Galicia en compaña do gran fotógrafo David Pardo Noya e postproducindoo con Jairo Iglesias para crear algo belo e digno da persoa que o inspirou e o inspira:
Presentación Exposición Beleza Oculta
Acto de inauguración da exposición «Beleza Oculta» no Museo do Traxe Juanjo Linares, Ordes
Para min foi un acto moi familiar e cercano no que me puiden compartir a beleza que eu vexo na comarca e que pertence a todos nós.
Gorrotor: Rotor Gopro Hero 3 para gorros e sombreiros
Como contruir de xeito caseiro un rotor para cámaras deportivas do estilo da Gopro Hero 3 sobre calquer sombreiro ou gorro.
O Gorrotor proporcionanos unha perspectiva creativa e sorprendente para calquer tipo de producción audiovisual ou vídeo creación.
Material necesario:
Angela Merkel é Hippie
A presidenta alemana e muller máis poderosa do mundo, Ángela Merkel, deixa a política para fuxir á sua comuna hippie e levar unha vida bohemia.
Farta dos compromisos sociais, as obligacións para coas responsabilidades artificiais, os horarios, a división en estados, culturas e razas , Merkel atopou a paz e o equilibrio emocional coa vida contemplativa; desfrutando da cercanía da xente, relacionándose dun xeito máis honesto e cercano e sobretodo máis amodo. Agora é unha das prinpais activistas europeas en contra do absorbente e inhumano neocapitalismo e avoga por unha vida máis humana onde as persoas se respeten máis e vivan de un xeito máis puro e feliz.
Mariano Rajoy Nacionalista
Mariano Rajoy tras moitos anos ocultándose nos estereotipos e doctrinas do Partido Popular ata chegar ao poder, descúbrese e desvela o seu verdadeiro sentimento Nacionalisa Galego.
Todo foi unha artimaña perfetamente deseñada e executada polos cerebros do independentismo de Galiza co fin de infiltrar no poder a unha topia coa que controlar o Goberno Español e dende alí guiar e dirixir o proceso separatista.
O pobo creu sen dubidar nas palabras e promesas coas que Rajoy gañou as eleccións, nembargantes estas só foron as ferramentas para conseguir o éxito e o control dos mesmos cidadáns que confiaron no engano. En breves días convocarase unha gran rolda de prensa para anunciar a separación da Nación de Galiza así como o País Vasco e Cataluña, as cales inmediatamente convocarán elecións ao seu propio e novo Goberno Central.