O bico de Times Square
O día que rematou a Segunda Guerra Mundial, os cidadáns de Nova York tomaron a praza de Times Square en Manhattan. En ese clima de algarabía e frenesí un aposto ou aproveitado xoven mariñeiro adicábase a bicar a tódalas mulleres que topaba no seu camiño, mozas xóvenes e vellas por igual, o home estaba desatado cal borracho nunha barra libre. O fotógrafo Xermano-Americano Alfred Eisenstaedt que cubría o evento para a revista Life presenciaba estas e outras espontáneas mostras de embriagante afecto entre os xóvenes liberados de un futuro tenebroso e sinistro cando este extravangante Don Xoan fíxose cos beizos dunha enfermeira e Eisenstaedt captou ese preciso intre, enfatizado pola contraste entre o negro e branco dos seus uniformes, que resalzaba a forza da imaxe e representaba a liberación de unha xeración. Paradóxicamente un bico entre dous descoñecidos converteuse nun dos máis coñecidos da humanidade.
This post is also available in: Spanish