O Bico do Hotel de Ville
É unha putada que estale unha burbulla de máxica perfección natural, pero o que ate 1992 foi unha idílica e espontánea fotografía de Robert Disneau coa sua Rolleiflex mentras se atopaba sentado tomando un café fronte ao Hotel de Ville en París no 50; e que posteriormente se converteu na imaxe máis vendida da historia superando as 450.000 copias, resultou ser unha montaxe con dous actores :(
Todo saltou a luz cando en 1992 dous impostores aseguraron ser os protagonistas da fotografía, entón Disneau revelou a historia orixinal e confesou que se trataba de unha toma preparada, para a cal contratara a dous actores e como forma de pago entregoulles unha copia.
Françoise Bornet ( a muller do bico ) aceptou esta rácana forma de pagamento, esperou 55 anos e no 2005 sacouna a subasta, vendeuna por 200.000 dolares.
This post is also available in: Spanish