Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Archivos del autor: Xosé Rivera

Fotografía con Dobre Exposición: Efecto True Detective

Cómo crear unha dobre exposición de unha fotografía de retrato con PhotoShop e lograr retratos ultra creativos.

Leer más

CARTEL PUCHI

Eu Merco en Ordes

A campaña de comercio local «Eu Merco en Ordes» foi ideada para facer fincapé na idea sinxela e directa de que Ordes somos todos os que formamos parte da Comarca ou simplemente da vida diaria ou eventual do pobo ordense, independentemente da idade, do sexo, condicións ou incluso especie ;). Por iso os protagonistas son a xente da Comarca e do Concello de Ordes, os encargados de transmitir esa mensaxe, unha mirada e unha expresión e a mellor maneira de comunicar para un ser humano.

Leer más

Multi Dyara

Cómo crear clons en unha fotografía con Photoshop

Crear unha fotografía con clons é moi divertido, visualmente sorprendente, e tamén pode ser un recurso expresivo como mostrar a hiperactividade de Dyara.

Realmente para crear unha fotografía onde figuren moitos clons da mesma persoa só necesitamos ter en conta duas cousas: Que a posición da cámara e o encuadre estén estáticos, e que a luz non varíe demasiado.

Leer más

Cervexa Jatopus

Spot Cervexa Jatopús

Delirante Spot Ideado, dirixido e montado por Miguel Calvo de Noxo Creación; no que teño o pracer de participar como Camarógrafo e sonidista.

PD: A Cervexa Jatopus está moi boa.

Leer más

Entrevista a José Caruncho

José Caruncho ( A Coruña, 1953 )

No mundo moderno cheo de cámaras dixitais, de móbiles con ducias de megapixeles e datos que zoan dun lado ao outro sen parar, atopámonos co sosegado, delicado e meticuloso traballo de José Caruncho, que nos envolve nunha atmosfera de calma propia doutro tempo cunha elegancia misteriosa pero nosa, para mostrarnos a beleza do que nos rodea.

Caruncho deixou xa fai máis de unha década o mundo da banca no que traballaba para adicarse en plenitude a súa paixón, a fotografía, e crear un arquivo en formato analóxico de paisaxes, persoas, natureza e costumes galegas.

Leer más

Dyara Atomicus Jumpology 3

Efecto Jumpology: Dyara Atomicus

Hoxe en día está moi de moda o chamativo efecto antigravidade de saír saltando nas fotografías, coñecido como Jumpology. Capturar o intre onde o suxeto non está en contacto co chan sempre crea unha imaxe sorprendente  para o noso entendemento do mundo, ademais a menos premeditada expresión facial faina máis natural e xenuína.

A primeira gran fotografía con esta técnica data de 1948, xurdíu nas cabezas de dous xeniais loucos; Salvador Dalí e Philippe Halsman para crear o «Dalí Atomicus«. A idea parte do cadro de Dalí «Leda Atómica» ( cadro presente na fotografía, á dereita, e que curiosamente data de 1949 ) e explota o concepto de suspensión, como estado atómico, con unha estética totalmente surrealista.

Leer más

FARO MUXIA Filtro ND

Fotografía de longas exposicións de día: Filtros ND

No artigo ‘Fotografía de Longas Exposicións de Noite‘ vimos que era necesario traballar con pouca luz para poder realizar fotografías con longas exposicións, pero como facemos iso de día!?

Podemos cerrar o diafragma dos nosos obxetivos ao máximo, poñer a sensibilidade mínima e aínda así en exteriores con luz día non conseguiremos realizar longas exposicións de xeito correcto.

Cal é a Solución!?

Leer más

Fotografía de longas exposicións de noite

Unha fotografía captura un INTRE, o tempo que dura ese intre ven definido na configuración da nosa cámara, nós mesmos o podemos cambiar e facer que o intre dure dende unha milésima de segundo, a varios segundos ou incluso minutos. En estos últimos casos dise que a fotografía tivo unha longa exposición ou que a velocidade de obturación foi de X tempo ).

Leer más

Hyperlapse Celtia

Como crear un HyperLapse

Que é un Hyperlapse!?

Un timelapse con movemento

Que é un timelapse!?

Unha serie de fotografías tomadas secuencialmente cada X tempo e montadas como un vídeo con 24 ou 25 fotográmas ( fotos ) por segundo, de xeito que vemos o mundo a outra velocidade con outro tempo.

O efecto de mover a cámara é moi enrriquecedor visualmente pois o cambio de perspectiva cun movemento real, propio de unha persoa, mentras a realidade se move e vive moito máis rápido é abraiante. Leer más

Como crear una panografía

Cómo realizar fotografías Panográficas

As panografías ou fotografías panográficas son imaxes compostas de moitas fotografías a xeito de pezas de puzzle que non sempre teñen porque encaixar perfectamente, deste xeito o efecto resulta máis chamativo, porque cada fotograma representa unha toma particular en un momento diferente.

Leer más