Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Blog Foto & Vídeo

Filtrar por
RSS
Smith, Carlos e Norman Black Power

O Black Power e o Terceiro Home

Xogos Olímpicos de México 1968, Tommie Smith gaña a final dos 200 metros lisos e bate o record do mundo con 19,83 segundos nunha época de profunda loita polos dereitos civís en EEUU; Luther King fora asasinado medio ano antes en Memphis a mans de un segregacionista branco, e con él morrera o maior defensor da loita pacífica, os Panteiras Negras debatíanse entre esta e a violencia.

Smith e o Terceiro clasificado, John Carlos, intres antes da ceremonia deciden organizar unha protesta simbólica e pacífica a favor dos dereitos civís e a igualdade racial, pero non tiñan nada preparado, salvo que a muller de Smith, optimista e previsora, mercara un par de luvas negras. O tempo apremiaba e non sabían como reaccionaría o terceiro home do podium, un branco australiano, país onde os aboríxenes foran masacrados e apartados, de xeito que directamente e sen moitas esperanzas preguntáronlle. Peter Norman non só estivo de acordo senón que foi máis aló, púxose a pegatina de OPHR ( Proxecto Olímpico para os Dereitos Humanos ) enrriba do escudo do Comite Olímpico Australiano e suxeriulles que cada un deles utilizara unha das luvas, por esa razón Smith Levanta o puño dereito e Carlos o esquerdo.

Moitos fotógrafos no estadio olímpico capturaron ese intre, e tódolos medios do mundo occidental esqueceron o deporte e abriron ao día seguinte con esa imaxe, unha imaxe onde o terceiro home parece un mero figurante que simplemente axuda a a crear un contraste compositivo, pero Norman foi moito máis ca iso e é que as boas historias teñen moitas capas de lectura.

Os tres foron expulsados inmediatamente da vila olímpica e tiveron que abandonar México D.F. e regresar as suas patrias onde sufrirían as consecuencias de un acto de valentía e protesta, pero o que máis acusou os golpes foi o Terceiro Home: Australia esqueceuse de chamar a Norman para os Xogos Olímpicos de Munich 1972 a pesar de ter a marca mínima, e nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000 foi o único medallista histótico australiano non homenaxeado. Norman entrou nunha espiral de autodestrución pero sempre afirmou: «Volveríao a repetir», rematou a sua vida entre a depresión e botellas de alcohol.

O 3 de outubro de 2006 Peter Norman faleceu en Melbourne e ata Australia foron os seus dous compañeiros de armas para portar o seu ataude.

En 2012 o estado australiano pediu perdón á familia e homenaxeouno postumamente.

Smith e Carlos Portan o ataude de Peter Norman

Smith e Carlos Portan o ataude de Peter Norman

This post is also available in: Spanish

Xosé (http://www.xoserivera.com)
Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Añade un comentario

Por favor, corrige el formulario

requerido*