Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Blog Foto & Vídeo

Filtrar por
RSS
Almuerzo en lo alto de un rascacielos

Almorzo no alto de un rañaceos

A famosa fotografía dos 11 traballadores desfrutando dun ameno almorzo sentados nunha viga do piso 69 do edificio Rockefeller Plaza sobre Manhattan foi , en realidade, unha xenial maniobra publicitaria levada a cabo polo fotógrafo Charles C. Ebbets para difundir a construción do novo rañaceos.

«A imaxe foi un esforzo publicitario do Centro Rockefeller. Parece bastante claro que eran verdadeiros traballadores, pero o evento foi organizado con varios fotógrafos», dixo Ken Johnston, historiador en xefe de «Corbis Images» e poseedor dos dereitos da fotografía, ao xornal The Independent.

Moitos cren que a fotografía só é un xogo visual, onde grazas a perspectiva camuflase o chan do piso anterior o cal queda fora de plano,  pero non é así: Na fotografía orixinal, sen o recorte, podese observar como debaixo dos traballadores só hai vigas, a estructura do edificio e despois o abismo. Esta ausencia de seguridade, e a temeridade de estos traballadores débese á Gran de Depresión, que fixo sufrir a clase obreira desesperada esta clase de condicións.

New York Construction Workers Lunching on a Crossbeam

Construction workers eat their lunches atop a steel beam 800 feet above ground, at the building site of the RCA Building in Rockefeller Center in New York, Sept. 29, 1932.

Inclusive existe unha fotografía alternativa, o cal demostra a planificación das tomas, onde os traballadores botan a sesta.  Evidentemente esa acción non promocionaba axeitadamente a idea de «Construcción», «Progreso», «Crecemento» e fixeron unha boa elección descartándoa.

Sesta no Rockefeller Plaza

Sesta no Rockefeller Plaza

This post is also available in: Spanish

Xosé Rivera (http://www.xoserivera.com)
Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Añade un comentario

Por favor, corrige el formulario

requerido*