Bandeiras dos nosos pais.
Joe Rosenthal gañou o Premio Pulitzer coa imaxe dos seis Marines izando a bandeira de EEUU no cumio do monte Suribachi en Iwo Jima e esta converteuse nun dos símbolos máis patrios da cultura americana, reflexando a unión e o esforzo cara un mesmo obxectivo.
Iwo Jima era un pequeno deserto de azufre no medio do pacífico que non posuia ningún recurso, sen embargo era un punto estratéxico para continuar coa conquista sobre o resto de illas do Imperio Nipón, xa que tiña un pequeno aeródromo; por este motivo converteuse nunha das batallas máis sanguinarias do pacífico, na cal morreron 24.500 americanos e 21.000 xaponeses ( todos os que alí había, capturáronse 216 prisioneiros que en realidade eran traballadores coreanos ).
A fotografía de Rosenthal representaba o triunfo dos americanos e a fe incorruptible na victoria final a través da unión, todo sería ideal se na realidade non se tratara de unha interpretación:
Rosenthal fixo posar aos soldados ergendo a bandeira cando os combates xa finalizaran.
This post is also available in: Spanish