Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Blog Foto & Vídeo

Filtrar por
RSS

A imaxe más reproducida da historia

O 5 de Marzo de 1960 Ernesto Guevarra ( O Che Guevara ), sendo Presidente do Banco Central de Cuba, asómase ao balcón e observa a xente na Praza da Revolución para asistir ao enterro das 101 víctimas do atentado terrorista ao barco La Coubre na Habana; en ese preciso intre Alberto Díaz Gutiérrez ( Alberto Korda ) que traballaba para o diario Revolución disparou a súa cámara e captou a seguinte instantánea:

Che Guevara por Alberto Korda 5 Marzo 1960

Che Guevara por Alberto Korda 5 Marzo 1960

Como Korda antes da Revolución fora fotógrafo de moda, viulle un gran potencial estético a imaxe facendo un sinxelo recorte e eliminando a personaxe de perfil e a palmeira, ata obter a imaxe do Che a cal chamou «Guerrillero Heroico«.

Che Guevara por Alberto Korda 5 Marzo 1960 Recortada

Che Guevara por Alberto Korda 5 Marzo 1960 Recortada

A fotografía permaneceu no olvido ata a morte do Che no 67 en Bolivia, momento no cal o propio Fidel Castro buscou imaxes para un cartel homenaxeador de Guevara. Posteriormente o artista irlandés Jim Fitzpatrick pasou a imaxe a duas cores e a ilustración acabou imitando o estilo da serie de retratos de Andy Warhol para estampar camisetas, pins, cartéis, discos, tazas, pegatinas, merchandising vario….

Che_por_Jim_Fitzpatrick.svg

Paradóxicamente o icono da revolución comunista converteuse na imaxe máis comercializada, usada e explotada da historia por empresarios e superartistas como Warhol, mentras tanto Alberto Korda, coa sua filosofía comunista, nunca esixiu un peso do gran negocio, pois tal como afirmou él mesmo:

«Como defensor de los ideales por los que el Che Guevara murió, no me opongo a la reproducción de la imagen para la difusión de su memoria y de la causa de la justicia social en el mundo»

Korda faleceu no 2001 e tras de sí deixou non só a eclipsante fotografía do Che, senón o retrato da Cuba revolucionaria.

Alberto Korda Cuba Revolucionaria

Alberto Korda Cuba Revolucionaria

This post is also available in: Spanish

Xosé (http://www.xoserivera.com)
Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Añade un comentario

Por favor, corrige el formulario

requerido*