Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Blog Foto & Vídeo

Filtrar por
RSS
Niepce Primera Fotografía 1826

A Primeira Fotografía da Historia

A importancia da fotografía na historia recente estriba en que nos achegou a outras realidades, outras perspectivas, dotounos de maior obxectividade e informounos de situacións que sen ela descoñeceríamos co cal nos dou unha maior sensibilidade; e ainda que en ocasións foi utilizada para contarnos mentiras convertiuse nunha ferramenta fundamental do periodismo, da arte, da narrativa, da documentación e da vida diaria.

Hai fotografías que cambiaron a historia, ou que foron utilizadas para cambiala, e a continuación vou a postear as fotografías máis icónicas da historia:

Niepce Primera Fotografía 1826

Niepce Primera Fotografía 1826

Esta é a primeira fotografía da historia, realizada por Joseph Nicéphore Niépce en 1826 mediante o método que chamou Heliografía na que capturou a vista dende a sua ventá. Niepce comenzou a facer experimentos con barnices sensibles á luz, con cloruro de prata etc.  pero as imaxes desvanecianse en seguida, ata que probou con betún de xudea e en 1822 comezou a conseguir imaxes duradeiras, desafortunadamente estos primeiros negativos destruíronse ao intentar positivalos. Finalmente en 1826 logrou esta imaxe do tellado do veciño, a que é considerada a Primeira Fotografía da Historia e todo isto fixoo só por ser un mal debuxante o que o levou a buscar un método que lle permitise reflexar a realidade dun xeito fiel. Outra vez as nosas debilidades fannos fortes ;)

This post is also available in: English, Spanish

Xosé (http://www.xoserivera.com)
Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Añade un comentario

Por favor, corrige el formulario

requerido*