Efecto Jumpology: Dyara Atomicus
Hoxe en día está moi de moda o chamativo efecto antigravidade de saír saltando nas fotografías, coñecido como Jumpology. Capturar o intre onde o suxeto non está en contacto co chan sempre crea unha imaxe sorprendente para o noso entendemento do mundo, ademais a menos premeditada expresión facial faina máis natural e xenuína.
A primeira gran fotografía con esta técnica data de 1948, xurdíu nas cabezas de dous xeniais loucos; Salvador Dalí e Philippe Halsman para crear o «Dalí Atomicus«. A idea parte do cadro de Dalí «Leda Atómica» ( cadro presente na fotografía, á dereita, e que curiosamente data de 1949 ) e explota o concepto de suspensión, como estado atómico, con unha estética totalmente surrealista.
Moita xente, incluso profesionais do audiovisual, cren que é unha fotomontaxe, pero o certo é que a fotografía é totalmente real. Realizouse no estudo de Halsman en Nova York e a ausencia da tecnoloxía para crear tal fotomontaxe fixo agudizar o inxenio, e traballar duro na fotografía:
Tres asistentes lanzaron os gatos a conta de tres, outro asistente lanzou a auga, a muller de Halsman, sostiña a silla ( pola pata que está fora do cadro ) o quinto asistente retiraba repentinamente o chan para que os mobles quedaran suspendidos no aire e Dalí saltaba a conta de catro.
Despois de 30 intentos e horas de traballo o resultado final foi esta fotografía:
Halsman fotografou posteriormente a moitos persoeiros da época saltando creando unha serie icónica. Xunto con Dalí seguiron traballando en outros proxectos, un exemplo é o libro «Dali Mustache» onde xurdíu a imaxe «In Voluptas Mors«.
O certo é que é moi sinxelo crear este efecto na actualidade, só basta con saltar e capturar o intre. Pero podemos facelo máis elaborado e sorprendente engadindo máis elementos que floten sen necesidade dos 5 asistentes, simplemente con Photoshop ;)
Na fotografía Dyara Atomicus, cada un dos elementos está fotografado independentemente, o único que temos que ter en conta é que a cámara non se mova ( colocámola no trípode ) e que os parámetros de disparo e flash, necesario para conxelar á perfección o intre, non muden.
Tomamos cada fotografía, con un disparador para non mover en absoluto a cámara en toda a secuencia e activando o temporizador, se non temos quen nos axude. Lanzamos os obxectos ao aire e procuranmos distribuilos no plano, ( tede coidado se lanzades unha nena: procurade que caia na cama ).
Unha vez temos tódalas imaxes debemos xuntalas nunha soa con Photoshop; en realidade é bastante sinxelo, pois o plano e o fondo son exactamente iguais, só debemos recortar e ter un pouco de coidado coas sombras.
This post is also available in: Spanish