Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Blog Foto & Vídeo

Filtrar por
RSS
Enderezar Fotografia con Photoshop

Endereitar unha fotografía con Photoshop

Parece que co meu desequilibrio natural cóstame derterminar se unha fotografía está ou non recta do todo, de xeito que busquei a maneira de facelo con Photoshop. É moi sinxelo!

Abrimos unha imaxe con Photoshop e na Barra de Ferramentas debemos selecciónar a Regla ( atópase agrupada como filla do Tampón Contagotas, se facemos pulsación longa sobre este aparece ).

Enderezar Fotografia con Photoshop

Endereitar Fotografía con Photoshop

Coa ferramenta seleccionada, debemos trazar unha recta con esa Regla a través do horizonte ( para ser máis precisos: fagamos Zoom ).

Enderezar Fotografia con Photoshop

Endereitar Fotografía con Photoshop

A continuación, vamos ao menú de Imaxe>Rotación de Imaxe>Arbitraria e o propio Photoshop nos vai a indicar cantos grados e para que lado debemos rotar a imaxe para que esa recta, que acabamos de trazar, esté totalmente horizontal. Aceptamos

Enderezar Fotografia con Photoshop

Endereitar Fotografía con Photoshop

Enderezar Fotografia con Photoshop

Endereitar Fotografía con Photoshop

Finalmente só nos queda recortar, xa que o xiro da fotografía creou zonas sen contido nas esquinas.

Enderezar Fotografia con Photoshop

Endereitar Fotografía con Photoshop

Vendo esta imaxe: En que estaría pensando cando disparei!? Direi que formaba parte da composición…

Resultado Final:

Costa da Morte Camariñas

Costa da Morte Camariñas

—————————————————–

NOTA: Como me acaba de indicar un amigo ( Grazas Sergi ), ao ver tal procesirmo para endereitar unha imaxe, en Photoshop CC o proceso é mais sinxelo, xa que existe un Atributo/Subferramenta de Endereitar nas propiedades de Recortar:

 

Enderezar Fotografia con Photoshop con la herramienta de recortar

Endereitar Fotografía con Photoshop coa ferramenta de recortar

This post is also available in: Spanish

Xosé (http://www.xoserivera.com)
Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Añade un comentario

Por favor, corrige el formulario

requerido*