Asimétricos
En clase de fotografía decidimos comprobar se eramos simétricos ou mal feitos do todo. Can grande foi a nosa sorpresa! ao decatarnos de que en nós se escondían duas persoas diferentes e descoñecidas!
O exercicio consiste en tirar unha fotografía retrato de primeiro plano, tipo carné de identidade, mantendo moita atención en que a cabeza esté ben recta e en posición frontal. A continuación abrímola co Photoshop ( a cabeza non, a fotografía ) colocamos unha guía no centro do noso retrato e co Marco Rectangular seleccionamos a parte dereita ou esquerda ata a guía, cortamos e pegamos en outra capa.
Xa só nos queda duplicar ambos perfiles e voltealos horizontalmente para ter ambos resultados.
Grazas a Aarón Vilariño e a Pedro Goyos por permitirme utilizar a sua imaxe e o seu gran traballo :)