25 anos de Photoshop
En 1987 atopámonos a Thomas Knoll sachando o seu doctorado en visión de ordenadores. Para o cal tenta escribir un programa que sexa capaz de reproducir imaxes en pantalla con tramas de grises. Ollo! falamos de cando os monitores apenas mostraban algo en Branco e Negro.
O programa chamouse Display. Escrito orixinalmente nun ordenador Mac Plus, como diversión para o doctorado, Display chamou a atención de seu irmán John, o cal traballara na ILM (Industrial Light and Magic), nada menos que a empresa de efectos especiais de George Lucas. A axuda de John foi inestimable para poder producir novas versións de Display con funcións cada vez máis amplias. Meses máis tarde, Display era capaz de ler escribir diversos formatos de ficheiros gráficos, traballaba en cor -adaptándose ao cambio de hardware- e estableceuse a base para os plug-ins. As seleccións xa eran en aquel entón unha realidade, incluso con bordes suavizados (calado). Outras opcións disponibles eran os niveis, o balance de cor, o axuste de tono e saturación e algunhas posibilidades de pintura.
1988. Case un ano máis tarde John cre ter a base para un produto comercial. Por aquel entón só existía unha aplicación similar ao que pretendían crear os irmáns Knoll, PhotoMac. Entón comezaron os cambios de nome da aplicación. Tras moitos intentos errados -os nomes ideados xa existían- alguen lles suxeriu Photoshop!. E dende aquel día así se chamou o programa. Problemas financieros, visitas e contactos con diversas posibles fontes de financiamento finalmente consiguiron atraer a atención de Barneyscan, un fabricante de scanners. A primeira versión comercial de Photoshop, a 0.87, apareceu xunto a estos dispositivos. Unhas 200 copias. Tras contactos con Apple e de volta a Adobe, Russell Brown, o principal director de arte, queda absolutamente impresionado con Photoshop. As circunstancias eran algo adversas. Acababa de firmarse un contrato con Letraset polo seu producto ColorStudio. Convencido de que Photoshop era moito mellor, Adobe decide mercar a licencia para a distribución de Photoshop.