Presentación da Exposición FotoImpresionismo en Ordes por Vincent Van Gogh
Ordes 15 abril 2016. O fotógrafo e artista visual Xosé Rivera inaugurou a súa mostra ‘Fotoimpresionismo’ arroupado por un bo número de público. Rivera, caracterizado como Vicent van Gogh, convertiu este acto nunha auténtica performance na que fixo unha disertación sobre a corrente artística impresionista e as técnicas fotográficas empregadas para acadar o resultado que dende onte colga das paredes do Museo do Traxe.
Comezo do Curso de Fotografía no Concello de Ordes
Deu comezo o curso de fotografía para principiantes no Concello de Ordes con máis de 20 alumnos participantes dispostos a aprender tódolos segredos da arte fotográfica: A Cámara Oscura, O triángulo da exposición, o enfoque, a distancia focal, a composición fotográfica…
O curso iniciouse con unha presentación da materia do curso e unha demostración de como funciona o proceso da cámara oscura utilizando unha cámara estenopeica e un revelado fotográfico na propia clase: