Efecto Jumpology: Dyara Atomicus
Hoxe en día está moi de moda o chamativo efecto antigravidade de saír saltando nas fotografías, coñecido como Jumpology. Capturar o intre onde o suxeto non está en contacto co chan sempre crea unha imaxe sorprendente para o noso entendemento do mundo, ademais a menos premeditada expresión facial faina máis natural e xenuína.
A primeira gran fotografía con esta técnica data de 1948, xurdíu nas cabezas de dous xeniais loucos; Salvador Dalí e Philippe Halsman para crear o «Dalí Atomicus«. A idea parte do cadro de Dalí «Leda Atómica» ( cadro presente na fotografía, á dereita, e que curiosamente data de 1949 ) e explota o concepto de suspensión, como estado atómico, con unha estética totalmente surrealista.
Fotografía de longas exposicións de día: Filtros ND
No artigo ‘Fotografía de Longas Exposicións de Noite‘ vimos que era necesario traballar con pouca luz para poder realizar fotografías con longas exposicións, pero como facemos iso de día!?
Podemos cerrar o diafragma dos nosos obxetivos ao máximo, poñer a sensibilidade mínima e aínda así en exteriores con luz día non conseguiremos realizar longas exposicións de xeito correcto.
Cal é a Solución!?
Fotografía de longas exposicións de noite
Unha fotografía captura un INTRE, o tempo que dura ese intre ven definido na configuración da nosa cámara, nós mesmos o podemos cambiar e facer que o intre dure dende unha milésima de segundo, a varios segundos ou incluso minutos. En estos últimos casos dise que a fotografía tivo unha longa exposición ou que a velocidade de obturación foi de X tempo ).
Endereitar unha fotografía con Photoshop
Parece que co meu desequilibrio natural cóstame derterminar se unha fotografía está ou non recta do todo, de xeito que busquei a maneira de facelo con Photoshop. É moi sinxelo!
Abrimos unha imaxe con Photoshop e na Barra de Ferramentas debemos selecciónar a Regla ( atópase agrupada como filla do Tampón Contagotas, se facemos pulsación longa sobre este aparece ).