Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Archivos mensuales: octubre 2013

Angela Merkel Hippie

Angela Merkel é Hippie

A presidenta alemana e muller máis poderosa do mundo, Ángela Merkel, deixa a política para fuxir á sua comuna hippie e levar unha vida bohemia.

Farta dos compromisos sociais, as obligacións para coas responsabilidades artificiais, os horarios, a división en estados, culturas e razas , Merkel atopou a paz e o equilibrio emocional coa vida contemplativa; desfrutando da cercanía da xente, relacionándose dun xeito máis honesto e cercano e sobretodo máis amodo. Agora é unha das prinpais activistas europeas en contra do absorbente e inhumano neocapitalismo e avoga por unha vida máis humana onde as persoas se respeten máis e vivan de un xeito máis puro e feliz.

 

Lionel Messi ficha por el Real Madrid

Lionel Messi é do Real Madrid

Messi confesa que o seu gran soño e xogar no Real Madrid, sempre odiou o FC Barcelona e o sentimento culé pero foi o equipo que lle axudou a triunfar e debeuse a el por compromiso ata este momento onde nos abreu o seu corazón.

Todos os telexornais mundiais abrían con esta sorprendente nova:

Messi: «No entiendo una mierda del Catalán, No me gustan los Caganers ni los Castellers!»

O pobo catalán saiu a rúa preso da irá e o sentimento de traizón en busca de Lionel para linchalo no Nou Camp diante de cen mil espectadores pero Florentino Pérez acudíu ao rescate da estrela Arxentina ( que tamén se confesou realmente Brasileiro ) e fletou un Jet privado escoltado por dous F16 e nunha operación relampago, rescataron a Lionel Messi e a toda a sua familia da zona de conflicto, evacuáronos a Madrid, onde se produciu a firma do novo contrato e a posterior celebración con pasaruas e música en directo pola gran victoria blanca.

 

 

Mariano Rajoy Nacionalista Gallego

Mariano Rajoy Nacionalista

Mariano Rajoy tras moitos anos ocultándose nos estereotipos e doctrinas do Partido Popular ata chegar ao poder,  descúbrese e desvela o seu verdadeiro sentimento Nacionalisa Galego.

Todo foi unha artimaña perfetamente deseñada e executada polos cerebros do independentismo de Galiza co fin de infiltrar no poder a unha topia coa que controlar o Goberno Español e dende alí guiar e dirixir o proceso separatista.

O pobo creu sen dubidar nas palabras e promesas coas que Rajoy gañou as eleccións, nembargantes estas só foron as ferramentas para conseguir o éxito e o control dos mesmos cidadáns que confiaron no engano. En breves días convocarase unha gran rolda de prensa para anunciar a separación da Nación de Galiza así como o País Vasco e Cataluña, as cales inmediatamente convocarán elecións ao seu propio e novo Goberno Central.