The Falling Man
Richard Drew atopábase en Nova York o 11 de Setembro de 2001 como fotógrafo de Associated Press, cando repentinamente 2 avións impactaron contra as Torres Xemelgas, Drew mudou os seus plans e aproximouse ao lugar a fotografar o suceso.
De tódalas imaxes que tomou, Drew escolleu The Falling Man; unha foto impactante e desconcertante dun home precipitándose ao vacío e acabando así coa sua vida. A imaxe xerou unha gran controversia nos Estados Unidos pois mostraba o máis crudo do atentado, xeraba un medo baseado nunha turbadora sinrazón que non podían controlar coas suas imaxes de bombeiros e civís traballando patrioticamente en paliar a desfeita.