Almorzo no alto de un rañaceos
A famosa fotografía dos 11 traballadores desfrutando dun ameno almorzo sentados nunha viga do piso 69 do edificio Rockefeller Plaza sobre Manhattan foi , en realidade, unha xenial maniobra publicitaria levada a cabo polo fotógrafo Charles C. Ebbets para difundir a construción do novo rañaceos.
«A imaxe foi un esforzo publicitario do Centro Rockefeller. Parece bastante claro que eran verdadeiros traballadores, pero o evento foi organizado con varios fotógrafos», dixo Ken Johnston, historiador en xefe de «Corbis Images» e poseedor dos dereitos da fotografía, ao xornal The Independent.